DeportesTenisÚltima hora

O Club Tenis Rúa, que compite en Primeira División, recupera a Bruno López

Club Tenis Rúa “A” que xogou onte en Muimenta.

 

Con novidades e bos resultados comezaba o ano o Club Tenis Rúa que, por segunda tempada consecutiva, conta cun equipo “B” na Liga Galega Absoluta de Tenis Masculina que vén de comezar.

O CT Rúa, que compite en Primeira División, desprazábase o sábado 17 de xaneiro ata Muimenta (Lugo) onde derrotaba ao CT Muimenta por 4-2. “Este ano o club rués conta coa incorporación de Bruno López que despois dalgúns anos volve competir co Tenis Rúa. Moi boa fichaxe”, aseguran dende o club adiantando que o obxectivo é disputar a fase de ascenso”. O capitán do equipo segue sendo Diego Blanco.

 

Bruno López.

 

En canto ao equipo filial, o obxectivo “é que compitan tanto os veteranos como os máis novos”, din dende o CT Rúa. O primeiro partido disputado hoxe en Lugo contra o Club Tenis As Termas “C” resolvíase cun 3-3, destacando a Jonatan Domínguez e Miguel Castro que gañaron os seus dous individuais e o dobres.

 

Á dereita, Miguel Castro e Jonatan Domínguez, do Club Tenis Rúa “B”.

 

Doutra banda os xogadores do grupo de Tecnificación do Rúa, Claudia Gil, Pedro Merino, Joaquín Escuredo, Uxía Gudiña e Rafael Gudiña, disputarán a primeira proba do circuíto galego Head Tour que reúne aos mellores xogadores de Galicia, o vindeiro 23 de xaneiro, en Lugo. Os 5 representantes do Club Tenis Rúa competirán na categoría Alevín.

 

Grupo de tecnificación.

 

Ademais comezou xa a segunda fase da III liga interna do Club Tenis Rúa na que compiten 35 xogadores e que rematará o 20 de marzo.

Fotos cedidas.

Back to top button