Dar a coñecer “as posibilidades da lousa no ámbito da construción sostible” entre os prescritores e profesionais da arquitectura. Con este obxectivo participa o Clúster da Pizarra de Galicia na Feira Stonegal, no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), cuxa inauguración tiña lugar neste mediodía coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entre outras autoridades, e onde poderá visitarse ata o 5 de xuño (en horario de 10h. a 18h.).
Nesta mostra profesional, o Clúster conta cun expositor propio de 72 m2, composto por paneis expositores nos que se expoñen as diferentes formas de colocación da lousa, tanto en fachada como en cuberta. “Temos dous expositores con 4 paneis cada un, que xiran, e amosan distintos de colocación de lousa e ata se mostra a colocación en fachadas tamén, con distintos modelos”, en palabras do seu xerente, Severino González, que recibía e guiaba aos visitantes do stand.

Así mesmo, o stand dispón de pantallas nas que se proxectan continuamente imaxes de lousa, edificios emblemáticos nos que ten utilizado esta pedra natural. Noutra das zonas poden verse varios paneis pero que están sen cubrir por completo, o que permite que o prescritor ou o profesional visitante poida ver a parte de rastrel e, ao mesmo tempo, como se coloca a lousa e as distintas formas que hai de colocala, por exemplo, con gancho ou con cravo.

“Está todo moi enfocado ao arquitecto, aparellador ou construtor, para que vexa como se pode usar e colocar a lousa, que é un material seguro e con moitas propiedades”, indica Severino González. Para o Clúster da Pizarra de Galicia esta mostra supón un reencontro, a través do eido das feiras, con profesionais do mundo da construción e da arquitectura. Xa había máis dunha década que a entidade non asistía a mostras sectoriais nin en Galicia, nin a nivel nacional. Stonegal é “un dos mellores escaparates para amosar que a pizarra de Galicia segue sendo o mellor produto para cuberta que hai”.

Stonegal aposta por reforzar o papel da pedra como un material clave na arquitectura contemporánea e, ao longo de tres días, permitirá achegar aos profesionais da arquitectura ás últimas tendencias no uso da pedra natural, fomentando a transferencia de coñecemento entre deseñadores, construtores e a industria da pedra.

Stonegal 2025
Coa participación de 150 empresas líderes de Europa, América e Asia; cunha previsión de asistencia de máis de 3.000 personas, e con 15.000 metros cuadrados de exposición, Stonegal 2025 convertese nunha ocasión única para poder ver os productos máis novedosos do mercado, e coñecer os últimos avances e tecnoloxías máis actuáis en maquinaria e suministros.
De xeito paralelo, celebrarase un congreso que contará con conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos, conducidos por destacados referentes internacionais relacionados coa pedra natural.
Fotos: Carlos G. Hervella.
