EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia reúnese co director xeral de Planificación Enerxética e Minas

 

Esta mañá o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, mantiña un encontro de traballo co novo presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Eliseo López Alonso, que substitúe no cargo a Víctor Cobo Arias, ao fronte da entidade nos últimos 15 anos e presente na reunión de hoxe xunto co xerente do clúster Severino González.

Neste contexto, Fernández Vila e Eliseo López coincidiron no importante labor social que xoga a minería na dinamización do rural galego e como xerador de emprego. O director xeral tamén agradeceu ao Clúster da Pizarra de Galicia o importante esforzo que está a realizar o sector para incorporar as novas tecnoloxías aos seus procesos produtivos, coa mellora das condicións de seguridade e a restauración do entorno.

Back to top button