O Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras acollía esta tarde, a partir das 18h, a primeira asemblea do colectivo Terra en Pé, que se constitúe nunha asociación “de defensa activa da nosa terra e dos nosos dereitos como comarca” e “que nace dende abaixo”. Así, no decurso da xuntanza catro membros de Terra en Pé (Adrián, Lorenzo, Cristina e Marina) comezaban agradecendo “o apoio, implicación e compromiso” recibido.
Ademais lembraban os sucesos vividos o pasado agosto, que deron lugar ao xerme deste movemento: “os incendios que devastaron os nosos montes, as nosas aldeas e parte do noso entorno natural e unha situación de impotencia difícil de describir”. Ante isto, continuaban, decidían reaccionar e “non quedarnos de brazos cruzados mentres vemos como a nosa terra arde”.
Tamén lembraban a primeira xuntanza convocada polo colectivo, o 25 de agosto, días despois da extinción do incendio na comarca, onde xurdía a proposta de organizar unha manifestación, que se celebraba o 11 de setembro.
Ademais explicábanse os obxectivos da asociación e presentábase os seus estatutos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.