SanidadeÚltima hora

O Colexio de Enfermería de Ourense entrega os seus I Premios de Investigación

Recoñecen os seis mellores Traballos de Fin de Grao do últimas tres promociones de enfermería en Ourense

 

O Colexio de Enfermería de Ourense celebrou hoxe a entrega dos seus I Premios de Investigación, unha iniciativa que recoñece o talento novo e o compromiso coa investigación no ámbito enfermeiro.
Estes galardóns nacen co obxectivo de impulsar a produción de coñecemento científico en enfermería, visibilizar o esforzo das novas xeracións e reforzar a práctica baseada na evidencia desde a formación universitaria.

Durante o acto, celebrado na sede do Colexio, fíxose entrega dos premios aos mellores Traballos de Fin de Grao das promocións 2021/2022, 2022/2023 e 2023/2024 da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense.

Gañadoras dos I Premios de Investigación COE Ourense
Promoción 2021/22
Antía Lage Fernandes
Adrián Vázquez Márquez

Promoción 2022/23
Ana Otero Tourís
Jorge Ramos Vázquez

Promoción 2023/24
Aitana Álvarez Carnero
María Yáñez Carrasco

A presidenta do COE Ourense, María José Menor, destacou durante a súa intervención que “apostar pola investigación é apostar por unha enfermería máis forte, máis crítica e mellor preparada para os retos presentes e futuros da profesión”. Así mesmo, subliñou a necesidade de “acompañar o talento emerxente, reforzar a formación continua e promover espazos de colaboración entre o ámbito académico e profesional”.

 

 

Os traballos premiados abordaron temáticas como a atención a persoas trans na sanidade pública, a violencia obstétrica cara ás mulleres ou a viabilidade de incluír enfermeiras con formación en RCP en centros escolares. Incluíronse tanto revisións bibliográficas e proxectos de investigación.Con iniciativas como estes premios, o Colexio de Enfermería de Ourense e a Escola de Enfermería, entidade colaboradora, reafirman o seu compromiso co impulso da enfermería baseada no coñecemento e o apoio ás novas xeracións de profesionais.

Artigos relacionados

Back to top button