OurenseÚltima horaVídeos

O Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense ten novo presidente, José Paz, e nova xunta directiva

José Paz, novo presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Ourense.

 

Os colegiados do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense participaban neste sábado 20 de decembro nunha xornada histórica para a institución, na que se renovou a súa xunta de goberno e abriuse un novo capítulo no futuro desta entidade colexial.

A mañá comezou no Salón de Actos do Balneario de Laias, cunha emotiva Asamblea Xeral Ordinaria na que se aprobaron os presupostos para 2026, consolidando a planificación e os proxectos de crecemento da entidade para o próximo ano. Un momento de consenso que marcou o ton positivo dun día cheo de participación e ilusión.

Tras a constitución da mesa electoral, celebráronse as votacións e, posteriormente, a Asamblea Xeral Extraordinaria, que formalizou a nova Xunta de Goberno. José Paz Paz asumiu a presidencia acompañado por un equipo comprometido:

  • Vicepresidente: Manuel Rojo López
  • Secretario: Miguel Ángel Viso Diéguez
  • Vicesecretaria: Isabel Delgado Outeiriño
  • Tesorera: Nazaret Álvarez Freire
  • Vogais: o valdeorrés Pablo Estévez Meléndez, Xosé Carballido Presas, Paula María Vázquez Rocha, Aroa Gómez González, Enrique González López e Óscar Álvarez Mociño

 

 

A nova Xunta de Goberno asumirá o relevo do traballo realizado por Manuel Rojo como presidente saínte, quen deixa un legado de compromiso, rigor e progreso, consolidando proxectos clave e iniciando un traballo continuado para visibilizar a profesión de enxeñeiro agrícola e a súa importancia para o desenvolvemento rural. Durante os últimos meses, desde a Xunta en funcións levaron a cabo múltiples accións para dar a coñecer o valor estratéxico da enxeñaría agrícola, e este novo equipo continuará esa liña, reforzando o papel da profesión como motor de innovación, sustentabilidade e progreso económico no medio rural galego.

A nova etapa liderada por José Paz Paz aposta pola “continuidade e polo reforzo da comunidade profesional, co obxectivo de seguir traballando pola excelencia, a visibilidade e o apoio ao sector agrícola, fundamental para o futuro das comarcas rurais de Ourense e Galicia”.

Back to top button