CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O Colexio Divina Pastora do Barco comeza un novo curso con “ilusión, ganas de aprender e moitos retos por diante”

 

Con “ilusión, ganas de aprender e moitos retos por diante” comezaban o novo curso escolar no Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras.

 

 

Na mañá deste luns 8 de setembro, os primeiros en entrar, ás 8:15 horas eran os alumnos de Secundaria que accedían ao centro pola entrada da rúa Valle Inclán; e ás 9 horas facíano os de Infantil e Primaria, pola da avenida do Bierzo.

 

 

Unha vez no patio, dous pequenos eran os encargados de desfacer a lazada que daba por inaugurado o novo curso que supón “unha oportunidade para comezar de novo”, din dende o colexio “ilusionados polo que nos espera”, agardando que “sexa un ano cheo de logros, alegría e traballo en equipo. Xuntos faremos deste curso unha gran experiencia”, aseguran.

 

 

Fotos e vídeo: Colexio Divina Pastora do Barco.

Back to top button