CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O Colexio Divina Pastora do Barco inicia un novo curso co lema “Contigo somos +”

 

“Contigo somos +”. É o lema co que daba inicio o novo curso escolar no Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, na mañá deste mércores 9 de setembro.

 

 

 

Os máis madrugadores eran os alumnos da ESO que entraban ás 8:15h. (ata as 14:15h.) e xa ás 9h. facíao o resto do alumnado, de Infantil e Primaria ata as 14 horas, despois de ser recibido polo profesorado que lles daba a benvida a un novo curso que convida a lembrar que “somos máis cando o facemos xuntos” porque “cada un de nós achega a súa historia, os seus talentos, os seus soños e un xeito único de coidar, aprender, compartir e crer”, sendo aí, en todo o que cada quen achega, “onde crecemos como comunidade”, din dende o centro escolar, asegurando que “+” é moito máis que un símbolo. “É unha invitación para sumar coidado, esperanza, escoita, compromiso e Evanxeo. A vivir a fraternidade nos pequenos xestos, no acompañamento, no respecto pola creación, na fe compartida e nunha aprendizaxe que transforma, porque queremos seguir construíndo unha escola onde cada persoa atope o seu lugar, sinta acollida e recoñeza o valor do que achega”.

 

 

Fotos e vídeos cedidos polo centro.

Back to top button