Un ano máis, tras a participación na Festa dos Maios do Concello, o colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras comezaba a semana de festas na honra á patroa cargada de actividades culturais, lúdicas e mesmo deportivas, á que poñían o broche na tarde deste venres 8 de maio cun animado e sempre concorrido festival no que participa toda a comunidade educativa.
Dende os pequenos Infantil ata os maioores da ESO os alumnos desfilaban e bailaban con coidadas coreografía e ao ritmo de coñecidas cancións, facendo un percorrido musical por diferentes épocas, dende os anos 60 ata a actualidade baixo a atenta mirada do público (pais, nais, avós, tíos,…) que un ano máis abarrotaba o pavillón polideportivo do colexio.

Unha viaxe no tempo da man duns pequenos que desbordaban arte. Nesta galería podemos ver unha pequena mostra, pois non están todos os que son pero si son todos os que están.




Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver