OurenseÚltima hora

O colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, punto de recollida de Tapóns Solidarios

 

O profesor Gonzalo Sánchez, Lalo, fai un chamamento á sociedade ourensá para entregar Tapóns Solidarios no Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense (rúa Cardenal Quevedo Nº 27) como “Punto de recollida taponera”, á vez que “colabora co medioambiente para frear o cambio climático axuda a que nenos e nenas enfermos teñan unha maior calidade de vida”.

Lalo lembra que “os/as beneficiarios/as deste proxecto deben ser menores de idade con enfermidades ou minusvalías graves e que requiren tratamentos médicos ou ortopedias que a día de hoxe non son contempladas pola nosa Seguridade Social e cuxas familias non dispoñen dos recursos necesarios para acceder a eles. Axudar ao Planeta, a través da Economía Circular, e solidariedade con xente necesitada, fan dos tapóns solidarios un acerto seguro”.

E falando de pequenos residuos, os Ecovixiantes de Franciscano de Ourense continúan coa súa incansable campaña “O Mar Empeza Aquí” recollendo polas rúas as cabichas.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button