
Neste mes de xuño, en concreto o día 12, tomaba posesión nas oficinas colexiais, unha vez validada polo Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España, a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense.
Resultaba elixida a candidatura encabezada por Darío López Fernández e integrada por Rosa María Suárez González, José Manuel Rey Lorenzo, David Iglesias Morenza e Patricia Armada Iglesias.
As iniciativas impulsadas pola nova dirección irán encamiñadas “ao reforzo do visado colexial como garantía técnica da documentación pairas os cidadáns, a mellora da formación continua dos arquitectos técnicos, en especial as novas tecnoloxías dixitais e Intelixencia Artifical asociada á xestión de obras de construción e o achegamento dos servizos administrativos a todos veciños da provincia de Ourense”, tal e como adiantan.