
Por segundo ano consecutivo está a desenvolverse o programa piloto de vacinación infantil fronte á gripe coa vacina intranasal nos centros educativos da provincia, coa participación de 13 centros. Unha campaña de vacinación infantil dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación infantil e o alumnado de educación primaria (nenos e nenas nados entre 2015 e 2023) dos centros participantes cunha poboación diana de 3.731 alumnos.
E novamente, neste programa, o único centro valdeorrés participante é o Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, onde se realizaba a vacinación nesta semana, en concreto o día 20 de outubro.

Neste proxecto piloto tamén participan os centros educativos CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, CPR Plurilingüe Divina Pastora, CEIP Padre Feijóo de Allariz, CPI Terras de Maside, CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo e CPR Plurilingüe Sagrado Corazón do Carballiño, CPR Plurilingües Guillelme Brown e Miraflores do Pereiro de Aguiar, o CPR Plurilingüe María Inmaculada de Verín e os CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo de Limia.
Fotos: Colexio Pablo VI-Fátima.
