OurenseÚltima hora

O Colexio San José de Ourense obtén a acreditación Erasmus+ en Educación Escolar

Alumnado participante no proxecto./ Foto cedida.

 

O Colexio San José de Ourense vén de obter a acreditación Erasmus+ en Educación Escolar, “unha das distincións máis importantes que concede a Unión Europea aos centros educativos”, destcacan dende o centro, alcanzando ademais, un salientable 5º posto na clasificación nacional, “entre máis dunmilleiro de solicitudes presentadas, sendo un dos 42 colexios seleccionados en toda España”.

Esta acreditación, outorgada polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación), “é un  recoñecemento de excelencia educativa para o colexio que permitirá desenvolver proxectos de mobilidade internacional ata o curso 2028-2029 con financiamento estable da Unión Europea”, asegura Laura Conde, docente de inglés e coordinadora de Proxectos Internacionales, explicando que esta fase de internacionalización do colexio da cidade de Ourense “permitirá promover o intercambio de alumnado e profesorado deste centro con centros escolares punteiros doutros países europeos, con base en proxectos científicos medioambientais (nos que as iniciativas do colexio San José promoverán, entre outras, prácticas eficientes aproveitando as prosibilidades das nosas augas termais e dándoas a coñecer a nivel transfronteirizo), lingüísticos (co inglés como lingua vehicular) e multiculturais”, cunha forte orientación cara á europeización da comunidade educativa e ampliándoo a nivel local coas visitas que realizarán á cidade durante os próximos tres cursos escolares alumnado e profesorado de distintos países europeos, alén de permitir a visita á nosa cidade de expertos europeos en materias de dixitalización e conciencia medioambiental que impartirán charlas formativas no centro escolar.

Coa obtención desta acreditación o colexio Josefinas “dá un paso máis cara a unha educación cada vez máis aberta, innovadora e preparada para os retos do século XXI”, conclúe a docente.

 

Equipo Erasmus e o director do centro./ Foto cedida.
Back to top button