
Na mañá deste sábado 30 de agosto o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, anunciaba na Rúa que se contrataran de urxencia a unha empresa especializada para levar a cabo os labores de extinción do incendio no vertedoiro de RNPs. Por ese motivo o Concello decidiu suspender a concentración prevista para mañá domingo ás 12 horas.
“Pensamos que este non é momento de confrontar, senón de avanzar no importante traballo de reconstrución que temos por diante”, asegura a alcaldesa, María G. Albert, destacando que despois de dúas semanas de moito sufrimento foi o labor conxunta de todas e todos a que conseguíu esta importante vitoria colectiva. “A posición firme de Concello e cidadanía logrou o que fai só unha semana semellaba imposible. Agora toca avanzar”, di.
Foto e vídeo: Carlos G. Hervella.