
Na mañá deste mércores 25 de marzo, arrincaba a 25º edición do Salón do Viño e a Oliva de Estremadura, que se celebrará ata 27 de marzo. “Unha edición moi especial que conmemora un cuarto de século de historia, recuperando o nome orixinal, VINAC, e posicionado o salón como referente do sector vitivinícola e oleícola”, aseguran dende o Concello de Almendralejo.

Máis de 60 expositores (productores de viños, cavas, aceitunas e aceites, catadores, restauradores e empresas auxiliares) e público en xeral daranse cita no Pazo do Viño e da Aceituna de Almendralejo para expoñer os seus produtos. Tamén haberá catas, experiencias sensoriais e gastronomía; encontros profesionais e innovación; premios aos mellores viños, aceites e olivas,…

Durante tres días, Almendralejo volverá ser a capital do viño, o cava, o aceite e a oliva de Estremadura e entre os asistentes non falta o Concello da Rúa, cun stand que xa está listo. Entre a delegación ruesa que viaxou ata terras estremeñas están os concelleiros do equipo de Goberno, José Vicente Solarat e Ana Fernández Vizcaya. Tamén asistían o voceiro popular Álvaro Fernández e veciños da Rúa e Petín.



Fotos cedidas.