Durante a visita que o director de Turismo de Galicia realizaba esta mañá á Praia dos Franceses, na Veiga, para anunciar unha serie de actuacións para recuperar este lugar, o alcalde do municipio, Juan Anta, avanzaba que esta será unha primeira fase dun proxecto de posta en valor que vai alá-
“Esta é a praia de referencia do oriente ourensán, necesita coidados e esta é unha primeira fase á que, despois, con fondos europeos lle incorporaremos unha serie de melloras para convertela nese referente que creo que ten que ser da provincia de Ourense. Nunha praia na que haxa ocio e na que a xente poida non só desfrutar deste paraíso natural, senón que poida gozar das moitas variables dun Parque Náutico moito máis grande, moito máis variado e de moita máis calidade, para maiores e para nenos. E así vai ser o ano que vén e esperemos que xa estea completamente executado para que todo o mundo poida vir a desfrutalo”, adiantaba Anta.

O rexedor veigués aposta por “seguir traballando e conxuntamente, creo que Turismo de Galicia neste caso entendeu perfectamente a importancia de Valdeorras e que esta comarca ten que ter unha presenza inexcusable e reivindicar con voz propia que dispoñemos dunha calidade e dunha variedade turística que practicamente ninguén ten no turismo de interior”.

Neste marco, A Veiga apostará por crear na Praia dos Franceses un Parque Náutico de refrencia. “A primeiros do ano que vén comezaremos esa obra grande de fondos europeos que conlevará a gran transformación desta praia no que sempre debeu ser, que é un referente da provincia de Ourense. Así seguinte transformación é dotar á praia dun parque náutico referente en toda Galicia. Creo que temos que modernizar as instalacións e a oferta de ocio, renovalo por completo e darlle outro atractivo… Crear un parque náutico en condicións que conleve tamén atractivos para os máis pequenos. Estamos empezando a traballar en todo iso e deseñando o que será a praia referente do interior de Galicia”, destacaba Anta.
Fotos: Carlos G. Hervella.
