AllarizConcellosÚltima hora

O Concello de Allariz emite un comunicado no que lamenta o pasamento de Xosé Manuel Piñeiro

O presentador Xosé Manuel Piñeiro, nun acto no Barco hai uns anos./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello de Allariz vén de emitirse un comunicado no que se lamenta “profundamente a perda do noso veciño Xosé Manuel Piñeiro (Superpiñeiro) gran embaixador de Allariz e defensor das nosas tradicións e costumes”.

Así mesmo o Concello de Allariz indica que “o seu legado nos eidos da comunicación, educación e música perdurará en todas as veciñas e veciños de Allariz , onde era un máis. A súa traxectoria profesional foi exemplar, destacando sempre polo seu compromiso e entrega no exercicio da súa labor, facendo das súas accións un modelo de adicación e responsabilidade”.

Finalmente, esta administración indica que “a súa presenza entre nós deixou unha pegada que permanecerá nos corazóns de quen o coñeceu, e a súa memoria seguirá viva en Allariz onde sempre será recordado con gran cariño e admiración”.

Artigos relacionados

Back to top button