CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

O Concello de Celanova aposta polos novos talentos musicais co V Campus “Every Child”

Ofreceranse diversos concertos de balde e abertos ao público en espazos emblemáticos como o Auditorio Municipal Ilduara, o Mosteiro e a Igrexa de San Rosendo

Concerto inaugural de onte no Auditorio Ilduara./ Cedida.

 

Comeza a V Edición do Campus “Every Child” (Método Suzuki), que organiza Enclave en colaboración co Concello de Celanova.  Ao longo desta semana, os participantes formaranse a través de clases de aprendizaxe musical e actividades de lecer.

Así mesmo, ofreceranse diversos concertos de balde e abertos ao público en espazos emblemáticos como o Auditorio Municipal Ilduara, o Mosteiro e a Igrexa de San Rosendo.

Dende o Concello de Celanova convídase “a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar da música e do talento dos novos intérpretes”.

A programación detallada cos horarios dos concertos pode consultarse a continuación no cartel.

 

 

 

Back to top button