CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Parada de Sil convoca o XVIII Concurso Fotográfico Rosa Pons

 

Dende este luns 5 de maio pódense consultar as bases do XVIII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas na web do concello de Parada de Sil para participar nesta nova edición do certame, que, unha vez máis, está patrocinado polo empresario de Parada afincado en Barcelona Camilo Yáñez Pons, a quen o alcalde, Aquilino Domínguez, lle agradece o seu mecenado dende a primeira convocatoria ata hoxe. O prazo para a presentación das fotografías rematará o 16 de xuño.

Este prestixioso concurso conta con dúas modalidades, a primeiro leva por título “Visións de Parada de Sil”, e ten como finalidade fomentar a creatividade para dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística dos distintos lugares do concello e terá un primeiro premio de 800 euros e un segundo de 300 euros.

 

 

A segunda modalidade é de tema “Libre”. Con ela búscase estimular a participación e creatividade de fotógrafos que non poden acudir a Parada e vén aportando dende o comezo “unha importante contribución que amosa o coñecemento deste concello e deste concurso moi lonxe incluso das nosas fronteiras”, indican dende o Concello. Tamén ten dous premios sendo o primeiro de 700 euros e o segundo de 200 euros.

Os premios serán outorgados por un xurado elixido polo Concello e pola Asociación Cultural Ouro do Sil a quen o alcalde Aquilino Domínguez agradece a súa colaboración. O fallo emitirase o día 30 de xuño e entregarase no mes de agosto, en datas próximas á festividade de San Ramón, que honra as festas patronais.

Back to top button