ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín homenaxea aos voluntarios que axudaron durante o incendio do verán

 

Nin unha, nin dúas, nin tres. Ata corenta eran as persoas homenaxeadas nesta edición da Festa da Freba de Petín que se celebraba no mediodía deste sábado 6 de decembro, Día da Constitución. Os voluntarios, de Protección Civil e tamén veciños, que tanto axudaron a combater o lume durante o devastador incendio que ameazou casas e ata vidas o pasado mes de agosto, en “agradecemento polo voso labor”.

O acto, sinxelo pero emotivo, tiña lugar coma sempre, intres antes de comezar o xantar, da man da propia alcaldesa, Raquel Bautista e o seu equipo de goberno, sendo Isidro Pérez quen acudía a recoller o detalle en nome de todos os homenaxeados. “Non podían saír todos e foi el quen os representou, pero o recoñecemento foi por todos e cada un deles”, asegura Raquel.

Fotos: O SIL.

Back to top button