ConcellosÚltima horaVídeos

O Concello de Riós entrega as Castañas de Ouro do 2025

 

No marco da celebración da XXX Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós, celebrada neste domingo 2 de novembro, tiña lugar o acto de entrega da Castaña de Ouro deste 2025, cunha notable presenza de autoridades, algo que agradecía a alcaldesa de Riós, Eva Barrio. O acto desenvolvíase no salón de plenos da Casa Consistorial do Riós.

 

 

Nesta ocasión os galardoados eran o gandeiro Joaquín Pérez e o axente do Distrito Forestal XIX Caldas-O Salnés Óscar Veiga, polo seu labor e colaboración na loita contra os incendios forestais no municipio durante o pasado verán.

Con respecto a Óscar Veiga, a alcaldesa aseguraba que “fixo unha dirección na extinsión exemplar e perfecta, fíxoo realmente ben, veu de voluntario ademais nos seus días libres, tanto el como unha brigada que veu de Vigo e estamos moi agradecidos”.

 

 

Tamén resultaba galardoada, cun recoñecemento sorpresa, a propia rexedora de Rió. “A nosa alcaldesa traballa arreo todos os días tanto polo Concello como pola súa xente, moitas veces sacrificando a súa vida persoal. Por iso a Castaña de Ouro tamén é para ela este ano”, dicía unha representante do grupo de goberno na entrega.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button