
O orzamento do Concello de Rubiá para o exercicio do 2026 será duns 1.750.000 euros. Resultaba aprobado en sesión plenaria a finais de xaneiro co apoio unánime da Corporación municipal.
Desa cifra total, uns 247.629,91 euros destinaranse a diversos investimentos en melloras municipais, pavimentación e reparación de rúas, saneamento e redes de subministros, así como en abastecementos e infraestruturas, en parques e xardíns e en instalacións deportivas. Tamén destinarán 60.000 euros a adquisicións de terreos e inmobles.