SanidadeÚltima hora

O Concello de Sober ofrece un curso gratuíto sobre a nova app Sergas Móbil

 

O Concello de Sober ofrece un curso gratuíto sobre a nova aplicación do Sergas (Sergas-Mobil) para que a veciñanza poida coñecer o seu manexo.

Con esta aplicación poderán pedir citas médicas, citas para receitas ou descargar o certificado covid, entre outras moitas xestións.

O curso levarase a cabo os días 15, 16 e 17 de febreiro na aula de informática do Concello de Sober en horario de 12:00 a 13 horas.

As persoas interesadas en anotarse poden chamar ao 982 460 001.

Artigos relacionados

Back to top button