ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana denuncia a falta de médico na mañá do sábado no Centro de Saúde do municipio

Exterior do Concello de Viana do Bolo.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de emitir unha nota de prensa na que expresa o seu malestar con respecto á falta de médico na mañá do sábado, 8 de novembro de 2025, no Centro de Saúde deste municipio “que atendera os e as veciños/as do Concello de Viana do Bolo e máis os veciños/as de Vilariño de Conso”.

Así mesmo, non texto o Concello de Viana do Bolo sinala que “os xestores do Sergas, do Distrito Sanitario de Valdeorras, indican que se alguén destes concellos precisa asitencia médica debe acudir ao concello veciño de A Gudiña, onde un só sanitario, atenderá a toda a poboación dos catro concellos (A Mezquita, A Gudiña, Vilariño de Conso e Viana do Bolo), non fai falla explicar o dantesco dista situación”.

Neste senso, o Concello de Viana do Bolo “denuncia a gravidade do acaecido e o extremo risgo que supón para a vida e a saúde das persoas, non ter un persoal médico o que acudir en caso dunha urxencia. Esiximos unha xestión sanitaria que coide da nosa saúde e pedimos responsabilidades polo acaecido”.

Back to top button