
Dende o Concello de Viana do Bolo vén de convocarse, un ano máis, o Concurso para escoller o cartel oficial do “Entrudio 2026”. Este certame terá un único ganador, pero conta con 3 premios:
1º 300 euros + 2 entradas para a Festa da Androlla 2026
2º 100 euros + 1 quilo de androllas
3º 50 euros + 1 bica

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 15 de decembro de 2025.
As bases deste concurso poden consultarse aquí
BASES DO CONCURSO DO CARTEL DO ENTRUDIO 2026
Tamén na páxina web e no Taboleiro de Anuncios do Concello de Viana do Bolo.