CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Viana do Bolo convoca o concurso do cartel do “Entrudio infantil”

 

Dende o Concello de Viana do Bolo vén convocarse o concurso do “Cartel de Entrudio Infantil 2026”. O prazo de presentación de traballo estará aberto ata o vindeiro 15 de decembro. “Esta é a primeira vez que se convoca”, asegura o alcalde de Viana, Germán García-Ávila.

O concurso inclúe tres premios: un primeiro de 75 € a gastar nun establecemento comercial de Viana do Bolo; un segundo consistente nun vale de 50 € a gastar nun establecemento comercial de Viana do Bolo e un terceiro premio dun vale de 25 € a gastar nun establecemento comercial de Viana do Bolo

A bases do concurso poden consultarse aquí
.
Back to top button