
“A túa opinión importa…”. Con esta frase comeza a proposta que o Concello de Viana do Bolo vén de lanzar a través das redes sociais co fin de recoller ideas e suxerencias da veciñanza para mellorar o municipio. Para iso, concretan, “precisamos que nos enviedes as vosas suxestións”.
Unhas proposta que poden realizarse ou presentarse nas oficinas do Concello, a través do teléfono 988 340 120 ou ben do enderezo electrónico: concello.vianadobolo@eidolocal.es
Ademais o Concello recomenda que se eviten “facer suxestións e/ou recomendacións por Redes Sociais, xa que non sempre chegan ao seu destino en tempo e forma”.