Na mañá deste luns 9 de marzo o Concello de Viana do Bolo sumábase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Muller coa Lectura do Manifesto Institucional co que “reivindicar unha sociedade igualitaria e repectuosa, libre de todo tipo de violencia e discriminación”.
Un acto para “loitar polos dereitos de todas; das mulleres maiores, custodias da nosa memoria; das mulleres rurais que sosteñen o territorio; das mulleres máis mozas, que soñan con un futuro máis xusto…”, din dende o Concello, asegurando que “cando unha muller avanza, ningún home retrocede; cando unha muller avanza, todas dan un paso á fronte” e agradecendo a todas as persoas que, a pesares do mal tempo, se achegaron ata a praza.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.