Arredor de tres meses é o tempo de execución das obras de mellora no campo de fútbol As Carrelas de Viana do Bolo que comezaban cara o mes de maio e prevese que remate a mediados de xullo, tal como indican dende o Concello, explicando que a obra afecta unicamente ao terreo de xogo.


Trátase da substitución da herba natural por céspede sintético “cos valados exteriores, fondos de rede, dous campos de fútbol 7 e o de fútbol 11, co sistema de rego e iluminación, todo completo pero no resto non se toca nada, nin vestiarios nin cafetería”. Un proxecto que conta cun presuposto de 493.000 euros.

Fotos: Carlos G. Hervella.
