ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

O Concello de Vilamartín pide colaboración dos veciños que dispoñan de tractor con cuba “por se temos que actuar”

 

Incontrolable. O incendio continúa imparable arrasando monte e pobos de Valdeorras ao seu paso. Dende o Concello de Vilamartín confirman os problemas de conexión telefónica, indicando que “o punto de encontro atópase no Bañadoiro”.

Hai un par de horas alertaban de que o lume estaba entrando pola caseta dos cazadores. “Non sabemos o que pode pasar así que moita precaución en Cernego, San Vicente, Robledo, Santiago, Correxais, Valencia e San Miguel”, dicían asegurando que “necesitamos que todos aqueles veciños que dispoñan de tractor con cuba e queiran colaborar se poñan en contacto con nós e que o teñan preparado por si temos que actuar. Hai varios puntos críticos de suministro”, din, lembrando que “estamos nun momento complicado e debemos facer un uso responsable da auga”.

Ver vídeo

Imaxes cedidas.

Back to top button