
O alcalde do Barco, Aurentino Alonso, acompañado dos concelleiros de Obras, Miguel Neira, e Medio Rural, Jesús Jares, recibiron da empresa adxudicataria o novo equipamento que será utilizado para a realización de traballos de desbroce no termo municipal do Barco. O tractor, equipado con dúas desbrozadoras, foi adquirido á empresa José Estévez As Ferreiras por un importe de 142.780 euros. Desta cantidade, 100.000 euros son aportados pola Deputación Provincial por medio dunha subvención nominativa.
Ao concurso convocado para a adquisición deste equipamento, que partía dun orzamento máximo de 145.000 euros, presentáronse en total sete empresas, e a finalmente adxudicataria foi a que presentou a mellor proposta de todas elas. Como mellora engadida a esta oferta, o prazo de garantía estableceuse en 5 anos para o tractor e 3 anos para as desbrozadoras.
O vehículo adquirido e un tractor 4×4, con unha desbrozadora trituradora cun rotor de martelos e unha desbrozadora de brazo con cabezal a cuchillas e martelos. Os apeiros son desmontables, e van permitir utilizar o tractor para traballos de prevención, defensa e extinción de incendios forestais. Tamén conta co equipamento de señalización e balizamento homologado para o seu uso en obras móbiles en estradas.

O novo equipamento terá as seguintes funcións, según se indica nas bases da concesión da subvención marcadas pola Deputación Provincial:
-Limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais de titularidade municipal.
-Limpeza e mantemento libre de maleza das masa comúns de concentración/reestruturación parcelaria de titularidade do concello.
-Xestión da biomasa nas redes secundarias de faix