
O Concello do Barco vén de emitir un comunicado no que se indica, textualmente, que “unha veciña do Barco atópase en estado grave tras precipitarse ao vacío desde a terraza do edificio onde vivía, nunha cuarta planta. As forzas da orde investigan o suceso como un caso de violencia de xénero e parella foi detida pola Policía Local e a Garda Civil”.
Por este motivo, o Concello do Barco convoca á cidadanía a unha concentración que terá lugar na Praza do Concello mañá, mércores 21 de maio ás 12 horas, “como acto de repulsa ante esta agresión machista”, segundo asegura esta adminitración local.