SanidadeÚltima hora

O Concello do Barco iluminarase de verde polo Día Mundial contra o Cancro

 

O Concello do Barco de Valdeorras colaborará coa Asociación Contra o Cancro no Día Mundial Contra o Cancro, que se celebrará este domingo 4 de febreiro, iluminando de cor verde a fachada do Concello vello, “co obxectivo de dar visibilidade a esta causa e unirnos ás súas reivindicacións para a inclusión no ámbito laboral ás persoas con cancro”, di o concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Orlando Saavedra.

“Desde as institucións e entidades”, continúa o edil, “temos que reflexionar e profundar sobre esta cuestión para avanzar socialmente. Ademais de traballar na investigación e no diagnóstico precoz”.

Artigos relacionados

Back to top button