SanidadeÚltima hora

O Concello do Barco ilumínase para a campaña “Luces que inspiran” polo Día Mundial da Retina

 

Máis de dous mil millóns no mundo teñen unha deficiencia visual ou cegueira e, delas, mil millóns teñen unha discapacidade visual que podería evitarse ou aínda non foi tratada, segundo datos da Organización Mundial da Saúde. Desde a Federación de Asociacións de Distrofias Hereditarias de Retina de España (FARPE) e a súa Fundación de Loita Contra a Cegueira (FUNDALUCE), propoñían aportar luz a esta situación e facémolo a través da campaña ‘Luces que inspiran’, que se desenvolve por terceiro ano consecutivo con motivo do Día Mundial da Retina, que se conmemora o vindeiro domingo 28 de setembro.

A principal novidade desta terceira edición é que a campaña dá un salto máis alá das fronteiras do españolas e conta co respaldo de Retina Internacional. A campaña de 2024 contou co respaldo e solidariedade de 159 concellos de municipios de toda España que, a petición de FARPE, iluminan os seus principais edificios e monumentos coas luces verde e azul, que simbolizan as cores de apoio a este colectivo.

 

 

Entre eles está o Concello do Barco, que na noite deste 28 de setembro súmase a esta iniciativa iluminando coas citadas cores a fachada da Casa Consistorial.

Fotos: A.R:

Back to top button