
Arredor das 21:10 horas deste venres 11 de setembro, o Concello do Barco informaba dunha “avaría no servizo de subministro de auga por causa dunha rotura á altura de San Roque N° 5”, explicando que “tardarán varias horas en reparala”.
A avaría afecta principalmente a San Roque, rúa Real, San Mauro, praza Maior, Eloi Mira, Canton, Manuel Quiroga e “probablemente a varias rúas máis que están comprobando”.