DeportesÚltima hora

O Concello do Barco pon en marcha unha aplicación para reservar a pista municipal de pádel

 

Os usuarios das pistas de pádel poden facer as reservas para a utilización da infraestrutura a través dunha aplicación posta en marcha polo Concello do Barco. Unha vez descargada a aplicación, “moi sinxela e intuitiva”, os interesados poden facer reservas, de acordo coas seguintes normas:
– A utilización da pista será gratuíta.
– Só poderá reservar a pista dúas veces á semana a mesma persoa.
– Serán realizadas sempre por un usuario maior de idade. De non ter a maioría de idade, a reserva efectuaraa o titor/a, respondendo a nivel de responsabilidades en nome do menor.
– As reservas serán persoais e intransferibles.
– Se a pista estivese dispoñible, poderase facer unha reserva instantánea.
– O Concello poderá suspender ou anular a reserva da pista cando concorra causa xustificada de interese xeral, así como cando non a use o beneficiario que a realizou ou se detecte calquera anomalía que o xustifique.
– En horarios de presenza de conserxes tamén se poderá facer reserva presencial no pavillón en horario de conserxería.

 

 

Unha vez realizada a reserva, o usuario recibirá o código QR y unhas pestanas para abrir a porta e prender a luz, no caso de horario nocturno. O usuario debera clicar nas pestanas para activar as aperturas e as luces.

Os horarios de reservas establecidos para o uso das pistas son os seguintes, de luns a domingo, festivos incluídos:
– 7:30 a 9 horas
– 9 a 10:30 horas
– 10:30 a 12 horas
– 12 a 13:30 horas
– 13:30 a 15 horas
– 15 a 16:30 horas
– 16:30 a 18 horas
– 18 a 19:30 horas
– 19:30 a 21 horas
– 21 a 22:30 horas

O enlace de descarga da aplicación é o seguinte:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.galileo.concellodobarco&pli=1

 

Back to top button