ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco porá buses gratuítos para a manifestación na Estación da Gudiña

Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vén de anunciar que porá autobuses gratuítos ao dispor dos veciños do municipio para facilitar a participación na manifestación para reivindicar a recuperación dos servizos de AVE perdidos na Estación Porta de Galicia-A Gudiña. A concentración está prevista para as 18:30 horas.

“Os veciños do Barco interesados deben inscribirse previamente indicando o seu nome e número de teléfono, chamando ao 988 320 202 presencial mente na primeira planta do Edificio Multiusos do Concello. Os autobuses sairán da estación ás 17 horas”, segundo di o Concello.

Back to top button