
O Concello do Barco vén de presentar a programación do 8M.
As actividades da Concellería de Servizos Sociais son as seguintes
Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”: Coa colaboración do Cineclube Groucho Marx.
Do 4 ao 11 de marzo:
Cine comercial
No horario habitual do cine comercial
7 e 8 de marzo: Hamnet. Direccion Chloé Zhao
Cineclub
No horario habitual , a excepción das proxeccións para os institutos que terán lugar en horario de mañá.
Mercores 4 de marzo: Turno de Guardia. Dirección Petra Biondina Volpe.
Mercores 11 de marzo: La Chica Zurda. Dirección Shih-Ching Tsou
Venres 6 de marzo:
Concentración na Praza do Concello con motivo do día da Muller ás 12h.
Lectura de manifestos: por parte do alumnado dos institutos de secundaria do Barco: Martaguisela, Lauro Olmo e Divina Pastora
Actuación musical coa colaboración do Conservatorio e da Escola de Música
Declaración institucional do Concello.
Iluminación do Concello Vello.
Teatro en colaboración coa Concellería de Cultura:
Venres 6 de marzo, 21 horas. Teatro Lauro Olmo. As Desterradas : Producións excentricas.
Venres 20 de marzo, 21 horas. Teatro Lauro Olmo. Señores que din: De ste Xeito producións.
Venres 27 de marzo, 21 horas. Teatro Lauro Olmo. Alicia Wants To: Bengala teatro Físico.
Venres 13 de Marzo, Edificio Multiuso 19,30 hrs: Presentacións libro “Traballadoras da Liberdade”. Interveñen: Rosa Ferreiro e Cristina de la Torres.