CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello do Barco quenta motores para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

O vindeiro 25 de novembro, o Concello do Barco celebra o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cun programa de actividades desenvolvidas en tres días consecutivos, coordinadas pola Concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e baixo o lema “O Barco libre de violencia machista”. Un ano máis, o Concello invita aos comercios e negocios do Barco a vestirse de negro, ademais de poñer carteis de repulsa á violencia machista nos seus escaparates.

O martes día 24, terán lugar no salón de actos do edificio multiusos do Concello, os “Obradoiros sobre a Violencia de Xénero en contextos Dixitais”, dirixido ao alumnado de 1º da ESO. Esta actividade lévase a cabo en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, no marco do acordo de Colaboración con a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia.

O mércores día 25, terá lugar ás 12:00 horas na Praza do Concello, a concentración en contra da violencia de xénero. A fachada do edificio do Concello vello iluminarase de cor morado e leranse os manifestos dos institutos Martaguisela e Lauro Olmo, e o colexio Divina Pastora do Barco.

A continuación, o Conservatorio e Escola de Música do Barco levará a cabo unha actuación musical e farase público o manifesto institucional do Concello.

O Cine Club Groucho Marx colabora coa celebración deste día proxectando a película “La Buena Hija”, en horario de 17:00 e de 20:00 horas.

A Concellería de Cultura e Educación programou dúas obras de teatro que van en relación coa temática deste día Internacional. “A Historia Vaxenial”, de Artyc Content, interpretarase o venres día 20, ás 21:00 horas, e “Vitória, retrato dunha denuncia”, de Iria Pinheiro, o venres 27 novembro, tamén ás 2:00 horas.

 

Back to top button