ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco saca a licitación a festa de fin de ano no “Campo da Festa”

 

O Concello do Barco vén de publicar, con data 13.11.2025, no seu perfil de contratante, anuncio de licitación para o outorgamento, en réxime de concorrencia, dunha autorización no “Campo da Festa ”, con destino á celebración dunha festa de fin de ano.

As datas de celebración do evento serán os días 31 de decembro de 2025 e 1 de xaneiro de 2026. O horario máximo para a finalización do evento serán as 06:00 horas da mañá do día 1 de xaneiro de 2026. O canon mínimo de licitación establécese no importe de 500 euros.

A adxudicación da autorización se realizará tendo en conta o canon ofertado, as actividades lúdico musicais ofertadas, as dimensións da carpa a instalar, o número de calefactores de que dispoña e o persoal dedicado á limpeza dos aseos instalados, segundo establece o Concello

O proposto adxudicatario da autorización deberá achegar a documentación técnica prevista no expediente, entre outra: proxecto técnico da actividade con definición do recinto e medidas de seguridade, salubridade e emerxencias, Plan de Emerxencias, seguro de Responsabilidade Civil, certificado técnico de final de instalación, boletín da instalación eléctrica e certificación da SGAE do visado das entradas para poñer á venda no caso de que este sexa necesario.

A data de presentación de ofertas finaliza o 20.11.2025 ás 23:59:59.

As ofertas presentaranse exclusivamente por medios electrónicos a través da plataforma de licitación electrónica do Concello do Barco: https://mercurio.altia.es/SLE_Internet/?entidad=P3201000A&tipoAcceso=normal&clId =049.

Más información no perfil de contratante do Barco de Valdeorras, aloxado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (PcPG): https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&N=204&ID=800

Back to top button