ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco seguirá mellorando a iluminación dos pasos de peóns

Así o aseguraba o alcalde en resposta a unha pregunta formulada polo concelleiro popular Manuel Núñez

 

A necesidade de mellorar a iluminación nocturna dos pasos de peóns na vila do Barco era unha das cuestións que o concelleiro do PP Manuel Núñez lle plantexaba ao alcalde do Barco, Aurentino Alonso, durante o pleno ordinario celebrado na tarde deste 4 de decembro. “Dende que se cambiou a iluminación na vila polo aforro enerxético todo o mundo se queixa de que a luz que hai nas rúas é insuficiente, sobre todo nos pasos de peóns, xa que hai veces que te topas coa xente cruzando cando estás enriba deles e non podes reaccionar. Entón penso que é algo que se debe ter en conta”, sinalaba Manuel Núñez no aparado de rogos e preguntas da sesión.

O rexedor barquense, Aurentino Alonso, recoñía a situación, “pero é unha iluminación que, segundo os técnicos cumpre cos estándares que se esixen, e o aforro enerxético é o que implica pero hai certas rúas onde a arboreda ás veces fai que as farolas queden absorbidas. E con respecto aos pasos de peóns xa o aparellador ten orde de ir mirando a ver cantos podemos adaptar como se fixo xa nalgúns da avenida Conde Fenosa, onde se mellorou moito”.

Back to top button