SanidadeÚltima hora

O Concello do Barco sumarase esta noite ao apagón convocado por Alcer no Día Mundial do Ril

Casa do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Con motivo da celebración do Día Mundial do Ril o 14 de marzo, a Asociación Alcer solicita todos os anos aos concellos que colaboren co alumeado de edificios emblemáticos das súas cidades de cores verde ou laranxa, recordando os coidados que se deben ter para a mellor prevención en materia de saúde renal.

Este ano, desde a asociación solicitouse o apagado por mor “da situación existente nestes momentos, que non promove as técnicas de diálise domiciliaria e que sitúa aos galegos e galegas nunha clara situación de desigualdade co resto de persoas que sofren esta enfermidade”, segundo lle trasladaba ao Concello do Barco a asociación convocante.

O Concello do Barco apoiará as reinvidicacións destes enfermos co apagado das luces da Consistorial do Barco esta noite, entre as 22 a as 24,00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button