ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

O Concello do Bolo homenaxea a Jacinta Fernández “A Cantareira de Lentellais”

 

Mantendo un bonito costume iniciado hai uns anos, o Concello do Bolo aproveita a Festa da Vitela para render homenaxe a personaxes relevantes do municipio.

 

 

Así o facía na mañá deste sábado 4 de marzo en Lentellais, cun sinxelo pero emotivo acto na casa da cantareira Jacinta Fernández Alonso, que falecía en febreiro do ano pasado aos 92 anos. Alí lle colocaron unha placa na súa memoria na que reza “Moitas grazas por gardar na túa memoria esas coplas para que non se perderan e se disen a coñecer”. Unha palabras que agradecía a súa filla Ana, acompañada polo seu home César e filla Alexandra por veciños e familiares, asegurando que ogallá estivera viva “porque lle tería gustado moito isto”, dixo emocionado, asegurando que “miña nai desfrutaba moito cantando e a parranda”.

 

 

 

O alcalde, Miguel A. García, destacaba o carácter alegre de Jacinta que “sempre estaba na horta”, dixo, asegurando que ante toro era “unha boa persoa”. En nome da Deputación, acudía ao acto o deputado Xosé Miguel Pérez que coñecía a Jacinta en San Xoán de Río alá polo ano 2020 cando foi cantar “e dende ese momento xa vin que transmitia unha gran vitalidade e ganas de festa”, dixo, lembrando cando foron a celebrar o seu 90 aniversario e tiña máis enerxía que moitos novos. “Foi unha muller que fixo moito e grazas a persoas como ela a nosa cultura mantense”, dixo sinalando ás cantareiras que tamén acudían á homenaxe, entre elas Fiuca, Blandina e Dina que lle cantaron unha copla especialmente adicada a ela.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button