
Dende o Concello do Bolo piden, a través das redes sociais piden a colaboración “de todos os veciños para ilustrar o próximo calendario municipal”.
Tal como indican dende o ente local, os interesados poden aportar fotos antigas das parroquias do Bolo, das festas tradicionais, de traballos comunais, familias en festas… e envialas ao correo electrónico: turismo.concellodobolo@gmail.com, co nome e teléfono de contacto. “Tamén as podedes levar ao Concello de 9 a 13 horas para que as escaneen al”, explican, indicando que o prazo para enviar as imaxes remata o 23 de outubro.
“Iremos publicando as que aportedes para que elixades cal vos gustan máis”, conclúen.