CulturaCulturaÚltima hora

O Concello do Bolo propón unha andaina lúdico-cultural ata Valbuxán para coñecer a Yosso e os lugares que o inspiraron

Será o 31 de outubro ás 10 h. dende o Museo Yosso, no Bolo

Un cadro de Yosso./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Xa está aberto o prazo para apuntarse nunha nova actividade (gratuíta e con prazas limitadas) promovida polo Concello do Bolo para coñecer un pouco máis a figura do artista bolés Xosé de Valbuxán, Yosso, e os lugares que lle serviron de inspiración para moitos dos seus cadros.

A andaina lúdico-cultural “Yosso e o seu Valbuxán” terá lugar o vindeiro sábado 31 de outubro a partir das 10 horas dende o museo que o artista ten no lateral do colexio público do Bolo. Trátase dun percorrido duns 7 quilómetros dende O Bolo ata Valbuxán (ida e volta) para afondar na vida e obra do valdeorrés ilustres e coñecer o lugar onde viviu.

 

Back to top button