A contorna do castelo medieval, no Bolo, contará proximamente con baños públicos. Tal como explican dende o equipo de goberno, a obra estase levando a cabo nuns antigos lavadeiros.


“Deben ser de finais da ditadura que nunca chegaron a usarse porque había moi pouca auga”, di Alberto Vázquez, explicando que conseguiron unha partida de Turismo da Xunta de Galicia para darlles uso e decidían facer uns baños públicos “para uso da xente que veña ao Bolo a visitar o entorno do Castelo”.

Fotos: Carlos G. Hervella.