
Nesta fin de semana a fachada do Concello Vello do Barco tinguíase de azul con motivo da celebración do Día da Enfermidade Celíaca (o 16 de maio), uníndose así aos demais concellos da comunidade autónoma, convocados pola Asociación de Celíacos de Galicia, para reivindicar o dereito á inclusión das persoas que padecen a enfermidade.
A celiaquía é unha enfermidade sistémica, de base autoinmune, provocada polo glute e prolaminas relacionadas en individuos xenéticamente susceptibles. O 2% da poboación europea é celíaca, o cal implica a realización dunha estrita dieta sen glute por parte destos pacientes.
Fotos cedidas.

