SanidadeÚltima hora

O Concello Vello do Barco, iluminado de verde polo Día Mundial contra o Cancro

 

Con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro neste 4 de febreiro, a fachada do Concello Vello do Barco ilumínase de verde. Trátase dunha iniciativa do Concello do Barco en colaboración coa Asociación Contra o Cancro no Día Mundial Contra o Cancro. Deste xeito preténdese “dar visibilidade a esta causa e unirnos ás súas reivindicacións para a inclusión no ámbito laboral ás persoas con cancro”, di o concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Orlando Saavedra.

Artigos relacionados

Back to top button