No marco da celebración o 21 de xuño do Día Mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), onte, 22 de xuño, a fachada do Concello Vello do Barco volvía iluminarse de verde para darlle visibilidade a esta doenza. Esta é unha data impulsada por asociacións de pacientes de todo o mundo para concienciar sobre esta enfermidade, unir forzas e esixir máis investigación, que é un dos piares fundamentais para conseguir aumentar a esperanza de vida dos pacientes con ELA.
A ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) é unha das enfermidades máis devastadoras ás que se pode afrontar calquera persoa. Por iso, consideramos fundamental contribuír á súa visibilidade e sensibilizar á sociedade sobre a realidade que viven as persoas afectadas e as súas familias durante este duro diagnóstico.
Fotos: A.R.

