
Na noite do sábado día 20 de xuño a fachada do Concello Vello do Barco iluminábase de cor laranxa con motivo da conmemoración do Día Internacional da Distrofia Muscular Fascioescapulohumeral (FSHD), unha enfermidade neuromuscular progresiva que afecta inicialmente aos músculos da cara, dos ombreiros e da parte superior dos brazos. Co paso do tempo, esta debilidade pode estenderse ao abdome, á cadeira e ás extremidades inferiores, comprometendo gravemente a mobilidade, a autonomía e a calidade de vida das persoas que a padecen.
Así, como mostra de solidariedade e compromiso, a fachada do edificio institucional tinguíase de laranxa, símbolo da loita contra a FSHD.
Fotos: A.R.



